Ciclo de sufrir

Ciclo de sufrir
25 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Marchei moi enfadado porque xogamos moi ben, pero á hora da verdade os puntos non chegan”, di Juanjo Iñiguez, Cebolo. Na Segunda Galicia. Segue sen sumar o Maniños. 1-2 resultado do partido xogado este domingo no Pote contra o Orzán B. Analizamos o encontro co técnico e a porteira Uxía Armenteros

ESCOITA O PODCAST:

“Seguir traballando, agora tocounos o ciclo de sufrir”, receita o adestrador. “Non damos coa tecla, as xogadoras están traballando de xeito espectacular pero custa moito meter gol, xogamos contra cinco equipos e ningún é superior, si no resultado, pero non no xogo”. Uxía, que defendeu a portería do Maniños na segunda parte do partido recoñece que se sofre tanto na bancada como na portería. Debaixo dos paus “tes moita responsabilidade, o mínimo fallo que teñas é gol, pero é o que hai a posición que nos gusta”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora