Cidadáns que fan xustiza

Cidadáns que fan xustiza
28 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A maioría de nós poderíamos ser convocados para formar parte dun xurado popular. Son nove as persoas que compoñen o xurado. Sempre baixo a dirección do xuíz, que explica as pautas que deben seguirse nas deliberacións, pero a decisión última sobre culpabilidade ou inocencia é de quen integra o xurado popular. As persoas que forman o xurado que intervén en moitos xuízos penais, son elixidas por sorteo, segundo explicou en Radio Fene a avogada María Álvarez Real. 

ESCOITA O PODCAST:

“É unha responsabilidade grande, xúlganse delitos graves normalmente, temos que ser independentes, responsables, guiarnos pola lei, hai que manter o segredo das votacións, ser imparcial e dilixente”, advirte a letrada. Responsabilidade que asumen as persoas integrantes do xurado. A elección sae dun sorteo. Cada dous anos faise unha lista de persoas. Proporciónalla á Xustiza a Oficina provincial do Censo Electoral.  A avogada Álvarez Real explicou que as listas confecciónanse por partidos xudiciais, para evitar grandes desprazamentos ás persoas designadas. Formar parte dun xurado é unha obriga cidadá. Incompatible para persoal da Xustiza, avogados e procuradores. Tamén poden librar desa responsabilidade persoas maiores de 65 anos, quen teña cargas familiares ou quen xa servira como xurado nos catro anos anteriores. E está prohibido para quen teña interese nos feitos ou os coñeza de preto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora