A cidade dos nenos de Francesco Tonucci

A cidade dos nenos de Francesco Tonucci

13 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O prestixioso educador e psicopedagogo italiano Francesco Tonucci presenta este venres 13 ás 13.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela o seu libro A cidade dos nenos. Na obra, traducida ao galego en Kalandraka por Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez, o autor explica a posta en

Na presentación participarán tamén a decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC, María del Carmen Fernández Morante; o profesor e autor do limiar do libro, Antón Costa; e Mónica Baleirón, unha das artífices desta primeira tradución ao galego de A cidade dos nenos.

O autor

Francesco Tonucci é autor de numerosos libros sobre a infancia na sociedade actual. Graduado en Pedagoxía en 1963, traballou como mestre e dirixiu o Departamento de Psicopedagoxía do Consello Nacional de Investigación italiano. En 1997 foi nomeado presidente do Comité Italiano de Televisión e Menores para a protección da infancia. Colabora coa Cidade da Ciencia de Nápoles e co seu Laboratorio dos nenos e é asesor científico do proxecto ‘O museo dos nenos’ de Roma e doutras entidades vencelladas ao Proxecto Internacional da Cidade dos Nenos.

Cultura