A CIG achaca a crise económica ao sector financeiro

A CIG achaca a crise económica ao sector financeiro

08 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os grandes bancos continuan a obter pingües beneficios a pesar da crise, segundo denuncia a Confederación Intersindical Galega. Delegados da CIG ocuparon esta mañá simbolicamente a oficina do BBVA na Praza do Callao de Ferrol.

“Contra a banca e o capital” rezaba a pancarta da central nacionalista, que denunciou os embargos de pisos con hipotecas, que promoven as grandes entidades bancarias.

A reforma laboral precarizará ainda máis as condicións de traballo e os contratos. Por iso, a CIG animou esta mañá en Ferrol a participar na folga xeral do 29 de setembro.

Sociedade