ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A CIG esixe a readmisión dos traballadores despedidos en ASFEDRO- Ferrol- profesionais que levan ata 25 anos de experiencia e que foron relegados ao ostracismo ata finalmente ser despedidos. Esta mañán iniciáronse as concentracións programadas, en Caranza diante da sede de Asfedro. O martes dia 10 repetirase no mesmo lugar, ás 11,30 da mañán. O mércores ás 9 da mañán reproducirase diante do Xulgado de Ferrol.
A CIG defende o traballo realizado dende ASFEDRO ao longo de tantos anos pero quere que se obrigue á Xunta Directiva a correxir a sua actuación nos últimos tempos. Afirma o sindicatio nacionalista que “ A Xunta Directiva de Asfedro, en vez de valorar a valía dos profesionais e primar a atención aos usuarios e usuarias, parapetóuse detrás dos recortes presupostarios para argumentar os despedimentos”. Pidelle á Directiva e aos socios e socias , “unha análise da situación, polo bo funcionamento dunha Asociación á que tanto lle debemos nesta bisbarra”.