A CIG demanda tamén o cese da Conselleira de Traballo

A CIG demanda tamén o cese da Conselleira de Traballo

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Intersindical Galega demanda o cese da directora xeral de formación e colocación e mais da conselleira de Traballo da Xunta de Galicia. O sindicato nacionalista lembralle á conselleira que debe estar ao lado dos que cumpren a lei.

A titular do departamento de Traballo debería preocuparse polas vitimas e non polos condenados, segundo a CIG. Para esta central a conselleira, esqueceu que está para defender o cumprimento da lei. E alarmante mesmo que non lle preocupe que un dos altos cargos da súa consellaría fose condenada por despedimento e por incumplir a lei, conclúe a Confederación Intersindical Galega.

Institucional