A CIG denuncia “acoso policial” contra os piquetes

A CIG denuncia “acoso policial” contra os piquetes

29 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O piquetes da CIG sufriron “acoso” por parte da policía, segundo denunciaron nos micrófonos de Radiofusiòn. O secretario comarcal na Coruña da central nacionalista, Paulo Carril, denunciou que padeceron “empurróns e identificacións indiscriminadas”, e que lles impediron realizar labores informativos.

“Ao Goberno central debe parecerlle pouco o ataque brutal que implica para os traballadores unha reforma laboral destas características, que por riba utiliza a policía para vulnerar o dereito fundamenta á folga”, criticou duramente Carril nas emisoras municipais galegas.

Sociedade