A CIG denuncia o cada vez maior empobrecemento da poboación

A CIG denuncia o cada vez maior empobrecemento da poboación

21 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A vindeira fin de semana celebrarase en Compostela, o VI Congreso da Confederación Intersindical Galega, no que participarán un total de 682 congresistas: 540 delegadas/os elixidas/os polas distintas federacións nas comarcas; 136 membros do Consello confederal e 6 da Comisión de Garantías. Está xa confirmada a presenza de 25 delegacións internacionais. O lema escollido pola central sindical “É necesario. É posíbel. Organizaci&

O secretario xeral, Suso Seixo, xunto co secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, presentaban esta mañá, en rolda de prensa, o VI Congreso da CIG. Dúas xornadas que se desenvolverán no Pazo de Congresos de Compostela e que son, segundo explicou Miranda Vigo, a culminación do proceso de debate iniciado hai meses nas distintas federación e comarcas.

Suso Seixo adiantou que se analizará polo miúdo a actual situación política, económica e social. Neste sentido sinalou que no relatorio de Acción Sindical se analiza en profundidade o momento político e as consecuencias da crise sobre o tecido produtivo e para a clase traballadora, cunha avaliación “moi crítica” das medidas postas en marcha, que “teñen provocado un cada vez maior empobrecemento da poboación en xeral e da clase traballadora en particular”, denunciou.

A CIG fai tamén unha análise detallada dos obxectivos que se pretenden acadar coas reformas das pensións, laboral e da negociación colectiva: por unha banda dificultar e atrasar o acceso ás pensións, ademais de reducir a contía das futuras e, pola outra, provocar unha importante rebaixa dos salarios, explicou.

Sociedade