A CIG diante do 1º de maio

A CIG diante do 1º de maio

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A crise sobrevoa a conmemoración do 1º de maio. Os sindicatos ultiman a organización dos actos do seu Dia. A CIG Ferrol presentou esta mañán o lema da sua manifestación, coa presencia dos secretarios comarcais; Manuel Grandal e López Pintos. O sabado ás 12.00h sairá a manifestación da Avenida de Esteiro e concluirá na Praza da Constitución no Cantón de Molíns.

Tres son os lemas centrais do 1º de maio do 2010 para o sindicato nacionalista: Non ao pacto social, por unha reforma fiscal xa e polo mantenemento das condicións laborais dos traballadores-as. O co secretario da CIG na comarca ferrolá, Manuel Grandal, explica os motivos nunha entrevista que reproducimos aquí. 

Sociedade