CIG-Ensino demanda que o profesorado decida sobre a reagrupación de aulas esixida pola Xunta

CIG-Ensino demanda que o profesorado decida sobre a reagrupación de aulas esixida pola Xunta

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Da segregación, á reagrupación. Se a Consellaría de Educación non desbota dividir ao alumnado galego en función do idioma vehicular que escollan os seus pais unha vez que saia adiante un novo Decreto do galego no ensino, agora vén de remitir unha circular aos centros escolares na que se lles demanda, de cara ao vindeiro curso, reagrupar nunha mesma aula a aquelas que teñan 20 ou menos alumnos, ainda que estes sexan de cursos distintos. Os sindicatos pe

A reagrupación do alumnado xa viña sendo unha práctica habitual nas escolas, segundo a Administración, máis o responsable de Ensino do sindicato nacionalista salienta unha diferenza fundamental: “Sempre era co beneplácito do propio profesorado do centro. Estamos a falar de que os regrupamentos ou desdobramentos débense facer tendo en conta a opinión do equipo docente, porque o profesorado é o que está capacitado para decidir”, explicou Anxo Louzao a Radiofusiòn. O representante do corpo de mestres critica que Educación faga da circular unha orde taxativa sen considerar as particularidades do alumnado: “Non se pode aplicar un número sen ter en contra outros condicionantes: pode haber alumnado que precise apoio, alumnado repetidor, alumnado con características específicas ou necesidades educativas especiais. Todo iso hai que telo en conta á hora de conformar os grupos”.

O martes hai unha xuntanza da mesa sectorial do ensino e, malia que o asunto non figura na orde do día, a CIG pensa suscitar o debate arredor do mesmo e demandar da Xunta unha negociación previa á aplicación da medida. Ademais, se a Administración decreta a reagrupación, Anxo Louzao reclama entón que tamén regule o desdobramento: “A ratio máxima en infantil e primaria é de 25 alumnos, e en ESO é de 30, e hai cursos que a superan se hai repetidores porque estes non contan á hora de reagrupar o alumnado. Aí si hai demanda dos centros de facer dun curso dous. Pero o que temos é unha imposición que vai en sentido contrario”.

Sociedade