A CIG manifestase contra a Reforma Laboral

A CIG manifestase contra a Reforma Laboral

17 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Intersindical Galega convoca unha manifestación contra a reforma laboral do goberno e califica de tardía a folga xeral marcada para o 29 de setembro. A CIG avalía como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral aprobada no Consello de Ministros. A manifestación da central nacionalista sairá ás oito desta tarde da avenida de Esteiro e rematará na Praza de Armas.

A reforma laboral ven a acusar aínda máis a crise entre os traballadores. Flexibilidade laboral e abaratamento do despido. Son os dous aspectos máis graves da reforma laboral segundo o secretario da CIG en Ferrol, Manuel Grandal. O sindicato nacionalista defende a valentía de adoptar medidas que non sexan dictadas polos que provocaron a crise. Hai que ir pola reforma fiscal e que as grandes fortunas e os que máis gañan paguen mais.  Outra medida proposta pola CIG é a eliminación das deputacións.

Sobre a folga xeral, o sindicato nacionalista opina que tiña que darse cando se proclamou o decreto ou en todo caso neste mes, cando se debate no Parlamento, e non o 29 de setembro. Por iso a CIG convoca mobilizacións como as de hoxe en todas as cidades. A de Ferrol sairá ás 8 da Avenida de Esteiro.

Sociedade