A CIG no 1º de maio contra os recortes

A CIG no 1º de maio contra os recortes

26 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Polo emprego digno. Non ás políticas económicas e laborais do PP”. Reza así o lema da manifestación deste 1 de maio convocada pola CIG. Unha data representativa da unidade de toda a clase obreira, máis relevante nestes intres ante o panorama que azouta aos traballadores, declarou esta mañá o secretario comarcal da CIG en Ferrolterra, Manuel Grandal.

O martes 1 de maio, a CIG conovoca unha manifestación ás 12 da mañá que partirá do seu local social en Esteiro. O sindicato nacionalista tamén programou outros actos por mor desta data. A Confederación Intersindical Galega homenaxeará mañá venres aos seus militantes con 25 o máis anos de antiguedade, arredor duns 400 en Ferrolterra. O recoñecemento terá lugar no Vicerreitorado do Campus de Esteiro, ás seis da tarde.

Sociedade