CIG pide que saia a concurso a praza de vixiante forestal de Ángel Espadas

CIG pide que saia a concurso a praza de vixiante forestal de Ángel Espadas

21 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

CIG teima nas denuncias referidas á suposta blindaxe que a Xunta estaría a permitir dunha praza de limpadora na residencia de maiores do Carballiño e que está a ser ocupada pola muller do delegado territorial do Goberno galego en Ourense, Rogelio Martínez. O sindicato sostén que ao impedir que ese posto saia a concurso se está a cometer unha irregularidade en beneficio dun cargo político. Mais as denuncias da central nacionalista amplíanse. Agor

Espadas, que encabezara campañas contra o botellón na capital galega, cesou no cargo o pasado 14 de abril tras ser detido bébedo ao volante e procesado por un delito contra a seguridade viaria. Mentres tiña un posto no Concello compostelán figuraba en excedencia forzosa do seu posto de vixiante fixo de defensa contra incendios forestais no Distrito III da contorna compostelá. Logo de deixar o posto público tiña 30 día para solicitar o reingreso, petición que non cursou, polo que a CIG reclama que o seu posto é vacante a todos os efectos e debe figurar na relación de prazas dispoñibles no concurso a disposición do persoal laboral fixo da Xunta. O sindicato reclama que se resolva esa circunstancia. Mentres, Espadas ocúpase de xestionar a campaña electoral do candidato do PP a Alcaldía de Santiago, Gerardo Conde Roa. 

Institucional