CIG teima en dar a batalla na rúa contra a saída neoliberal á crise

CIG teima en dar a batalla na rúa contra a saída neoliberal á crise

09 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Non pasa unha semana sen que se desenvolva en Galicia algunha protesta relacionada co impacto que na cidadanía e na clase traballadora están a ter as políticas de restrición ás que se entregaron decididamente os gobernos. A Confederación Intersindical Galega dende que comezaron as mobilizacións máis intensas pola deriva das administracións coas folgas contra a reforma laboral, insiste na mensaxe de que, para frear de verdade os recortes, c&oacut

“Hai outras políticas posibles, mais que requiren rachar co modelo capitalista neoliberal” proclama a CIG como vía para enfrontar a “falsa idea de que a única saída á crise pasa polos recortes sociais e laborais”. Ademais, o sindicato sostén que a propia recesión ten a súa orixe nunha economía especulativa argallada á marxe da economía real e na que apenas ten peso o sector produtivo. Como exemplo, lembra que dende o estoupido da crise en 2008 os estados teñen inxectando enormes recursos públicos á banca, primeiro con achegas directas para a súa recapitalización, e agora permitindo a especulación coa débeda pública, que ten deixado ao borde da quebra a moitas administracións.

O camiño alternativa que formula a CIG pasa por darlle a volta á estratexia actual de facer recortes do gasto público que supoñen perda de calidade dos servizos e do emprego. O remedio estaría en equilibrar os orzamentos incrementando os ingresos. Isto faríase cunha mudanza na política fiscal, gravando á banca e ás grandes fortunas e rematando coa fraude fiscal protagonizada por eses mesmos axentes.

A campaña “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos” concibiuse en varias fases. A primeira delas terá o seu punto álxido na marcha que sairá da Alameda de Santiago ás 12:30 horas do día 23 de outubro. 

Sociedade