Cinco candidaturas de momento

Compromiso por Galicia cambia o mapa politico de Fene
22 de Abril, 2019 - 02:32 h. | Publicada por Radio Fene

Ás 12 da noite remata o prazo para presentar na Xunta electoral as candidaturas ás eleccións municipais.

eleccionsfene

Finalmente Podemos non presentará candidatura en Fene. A través de facebook, Podemos de Fene critica a decisión de Podemos Galicia impedindo ao círculo local presentar candidatura baixo esa denominación. Novidade é a presentación da candidatura Compromiso por Galicia, que encabeza Xoan Manuel Rodríguez Bastida (edil de Somos Fene na actualidade) seguido no numero dous por Ana Isabel Sánchez Martínez (economista, veciña de Sillobre).

Confirmadas están tamén as candidaturas de EU que encabeza Maricarmen Martínez seguida de Bruno Aneiros. O mesmo a do BNG,a primeira que se deu a coñecer, con Juventino Trigo e Sandra Permuy encabezando a lista.

O PP xa ten pechada tamén a candidatura que encabezan Gumersindo Galego e Rocío Bértoa. No terceiro posto a novidade da lista popular é Tamara Miragalla, unha xove de Maniños Educadora Social.

O PSOE presenta a unha muller como candidata á alcaldía, Mar Piñeiro Otero, arquitecta técnica, natural de Maniños que será a numero un socialista e Antón Noceda ocupará o segundo posto. De momento este é o panorama pre electoral de Fene para os comicios locais. De todos os xeitos, ata as doce da noite poderían producirse algún novo movemento.

(na imaxe, colexio electoral de Fene. Casa da Cultura)

Sociedade

Publica o teu comentario agora