Cinco listas

Cinco listas
23 de Abril, 2019 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

Cinco candidaturas competirán finalmente polo voto da cidadanía de Fene nas eleccións municipais do 26 de maio. O prazo oficial de presentación das listas finalizou as doce da noite do luns ao martes. Segundo informaron dende a Xunta Electoral de Zona, concurren aos comicios Partido Popular, BNG, PSOE, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida. As candidaturas integras fixéronse públicas no Boletín Oficial da Provincia de hoxe mércores.

ESCOITA O PODCAST:

Gumersindo Galego da a coñecer a candidatura completa do Partido Popular ás eleccións municipais en Fene

http://173.255.131.18/audio/230419GALEGO.mp3

Cinco candidaturas preséntanse ás eleccións municipais do 26 de maio de 2019 no Concello de Fene

A composición íntegra das cinco candidaturas pode consultarse aquí:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/24/2019_0000003180.pdf

O actual alcalde e cabeza de lista do Partido Popular Gumersindo Galego deu a coñecer en Radio Fene a candidatura do PP. Como novidades aparecen no posto número tres a xove de Maniños Tamara Miragaya e no número nove Alberto Ares Cazás, traballador de Eshor. Para Galego, o PP quere manter a experiencia e o núcleo do grupo de goberno e introducir un pouquiño de renovación. Tamén figuran cos populares,  Monserrat Tenreiro, do Cocallo de Barallobre, Juan Manuel Tenreiro, Alfredo Puentes Barro, periodista, que traballa en Santiago e a súa familia vive na estrada da ribeira de Maniños e Elena García Lage, filla de Antonio García Riero, historico concelleiro de Alianza Popular e do Partido Popular de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora