As cinco VPP de A Pastoriza xa teñen donos

As cinco VPP de A Pastoriza xa teñen donos

05 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Cinco veciños de A Pastoriza xa contan coas súas novas Vivendas de Protección Pública, tras a entrega das chaves que tivo lugar nun acto que tivo lugar hoxe no salón de plenos do Concello chairego a cargo da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; do alcalde da Vila, Primitivo Iglesias; da primeira tenente de alcalde, Elba Carreira; e do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José María López Vega.

Os inmobles que se entregaron corresponden a cinco vacantes existentes no grupo de 10 vivendas construídas en Bretoña, na rúa Domingo López García, en cuxa construción o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) investiu un total de 692.465,74 euros.

O réxime de adxudicación de tres vivendas é o de compravenda, en tanto que o das dúas restantes é o de aluguer. O prezo das vivendas adxudicadas en compra vai dende os 46.121,99 euros a máis barata ata 53.811,58 euros a máis cara. O alugueiro mensual está entre 98,83 e 101,14 euros. Catro das vivendas que se entregaron dispoñen de tres dormitorios e superficie útiles entre 80 e 83 metros cadrados, mentres que a quinta vivenda é de catro dormitorios, cunha superficie útil de 90 metros cadrados.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, tras recoñecer que era a súa primeira visita oficial á vila chairega no ano que leva á fronte do seu cargo, afirmou que “iniciativas como a vivenda de protección pública no rural son un xeito de fortalecer a presenza de xente nos concellos pequenos, sobre todo de xente moza”.

Así, a representante do Executivo galego destacou o compromiso que este posúe neste ámbito coa provincia de Lugo, para a que no presente ano realizarase “un investimento de arredor de 6,5 millóns de euros en vivenda de promoción pública a fin de facilitar o acceso a un fogar de seu aos cidadáns de Lugo que lles corresponda.

As vivendas, que quedaran vacantes nunha anterior entrega, foron entregadas aos seus adxudicatarios nun acto que se desenvolveu no salón de plenos do concello de Pastoriza e que contou coa presenza.

Institucional