Cine para as noites de verán en Fene

Cine para as noites de verán en Fene

07 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Asterix y los vikingos é a primeira dos oito películas que se proxectarán este ano dentro do ciclo “Noite de cine”. Tódolos veráns o departamento de cultura e ensino do concello de Fene organiza este ciclo que ten lugar nas distintas parroquias do concello.

"Noite de cine” desenvólvese durante os meses de xullo e agosto e conta coa colaboración das sociedades parroquiais culturais e co patrocinio da Deputación da Coruña.
Na primeira película do ciclo deste ano, o sobriño de Panoramix chega á pequena aldea gala. Asterix e Obélix son os encargados de facer que este adolescente de Lutecia se converta nun home pero unha sucesión de imprevistos como un secuestro, fai que os seus plans se torzan. A función de “Astérix y los vikingos” será este xoves ás dez e media da noite na Escola de Pedrón, en Magalofes. A seguinte proxección de “noite de cine” será Spiderman III o luns trece de xullo no adro da igrexa de Sillobre. “Leones por corderos” dirixida por Robert Redford e protagonizada por Tom Cruise e Meryl Streep proxectarase no bloque II de San Valentín o vinteun de xullo. A semana seguinte, concretamente o martes vinteoito de xullo os fans de Nicolas Cage teñen unha cita na pista O Pote de Maniños para ver a súa película “La búsqueda II: El diario secreto”. O luns tres de agosto tócalle a Limodre acoller este ciclo de cine no Parque da Hortiña. Alí os máis cativos divertiranse coa comedia “Pequeños salvajes”. Ao día seguinte, o martes dous de agosto “La brújula dorada” proxectarase na pista polideportiva do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío. “El castillo ambulante” película premiada polo público en Sitges, verase na pista do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene o martes dezaoito de agosto. O ciclo “Noite de cine” rematará o xoves vintesete de agosto coa proxección do film “Nocturna” no O film “Nocturna” pechará o xoves vintesete de agosto o ciclo “Noite de cine” no Local Social Liga de Amigos en Barallobre. Todas as películas comezarán ás dez da noite excepto“Asterix y los vikingos” e “Leones por corderos” que se proxectarán ás dez e media da noite, “El castillo ambulante” ás nove da noite e “Nocturna” ás oito e media do serán.

Sociedade