Cita coa danza e a poesía

Presentación de "Material sensible" de Roxelana Gil no cine Adriano.
21 de Xuño, 2019 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

O Cine Adriano abre as súas portas de cando en vez para sacarnos da rutina. En vez de cine, hoxe tráenos poesía, danza e música.

ESCOITA O PODCAST:

O cine Adriano volve abrir as portas esta tarde para a presentación do libro “ Material sensible” de Roxelana Gil, unha viaxe apocalíptica e intimista, onde se reflexan emocions en estado puro, que busca remover e emocionar ao lector. O acto, previsto para as oito da tarde, acompañase da actuación da bailarina especialista en danzas orientais, Rosa Salanova  con música de Marcos Mella. Hoxe venres 21 de xuño ás oito no cine Adriano de Barallobre (Fene).

Cultura

Publica o teu comentario agora