Cita coa zarzuela o vindeiro luns no Teatro Jofre

Cita coa zarzuela o vindeiro luns no Teatro Jofre

10 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía Clásica de Zarzuela leva a escea ese día "La verbena de la paloma", a partir das oito e media do serán. A Compañía Clásica de Zarzuela fundouse no ano 2000 . Dende aquela participa tódolos anos no ciclo de zarzuela do Auditorio de Granada e nas tempadas que se adican a este xénero en Murcia, Málaga, Xaen, León, Valencia e Barcelona.

“La verbena de la Paloma” é unha zarzuela con libreto de Ricardo de la Vega e música de Tomás Bretón. Estreouse o 17 de febrero de 1894 no Teatro Apolo de Madrid. Orixinalmente o seu subtítulo era “El boticario y las chulapas y celos mal reprimidos”.

A obra está ambientada nas festas madrileñas de agosto, concretamente na do día 15 cando se celebra a procesión da Virxe da Paloma. En canto á súa estructura, a zarzuela parte dun único acto , dividido en 3 cadros, como é habitual no “xénero chico”. Cada cadro ten decorado e escenificación diferentes.

En “La verbena de la Paloma” aparecen persoaxes tan entrañables como as chulapas, o sereno, os gardas, o boticario, o taberneiro, etc., ademais doutros tan castizos como Don Hilarión e o seu amigo Don Sebastián e a tía Antonia. Todos estes personaxes son moi característicos do vello Madrid do século XIX.

Sociedade