Ciudadano XXI, o alter ego musical de Ismael Parada

Ciudadano XXI, o alter ego musical de Ismael Parada

29 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ciudadano XXI. Denomínase así o proxecto musical e artístico do cantante coruñés Ismael Parada. Despois de dezaseis anos no mundo da música, formando parte primeiro de distintos grupos con amigos e logo xa con músicos profesionais, agora se embarca nun proxecto en solitario que hoxe presentou en Radiofusión.

"Ciudadano XXI” é unha ventura arriscada pero satisfactoria para quen se embarcou neste proxecto musical. Ismael Parada compón a música e as letras das súas cancións, fai os arranxos, graba e mestura no seu home studio. Él fai absolutamente todo, agás o masterizado, do que se encarga Javier Castro, de Estudios Marhea. >Cunha base rockeira moi influenciada por Jeff Buckley,Ismael Parada mestura na súa música distintos estilos coma o trip hop, a música electrónica en xeral e ata inclúe arranxos de cordas que lembran ás bandas sonoras de películas. Recibe ademais influenzas de Massive Attack, Sneaker Pimps e Hooverphonic.Aínda que, polo de agora, non conta cun repertorio que lle permita grabar un disco, o cantante coruñés non descarta facelo nun futuro. Polo de agora a prioridade de Ismael Parada está na composición de novos temas cos que ir dándose a coñecer.

Sociedade