Club do Campo e Añoranzas presentan mañá as madriñas das Pepitas

Club do Campo e Añoranzas presentan mañá as madriñas das Pepitas

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A rondalla do Club do Campo presenta mañá venres á súa madriña Inmaculada Gutierrez. O acto comezará na entidade ferrolán ás nove da noite.  Tamén mañá venres a rondalla Añoranzas presenta a súa madriña Teresa Salido, ás oito da tarde no Casino de Ferrol (A Coruña).

A agrupación Lucero del Alba de Neda cantará cancións de amor a Almudena Falcón o sábado ás oito da tarde na Casa da Cultura de Neda. A rondalla Bohemios presentará á súa nova madriña Isabel Abuelo o sábado nun acto que se celebrará ás sete e media da tarde no Casino ferrolán. Tamén a rondalla Sonidos del Alba canta en honor da presidenta da asociación veciñal de Caranza Pilar Venancio. Farao nun acto que principiará o sábado ás sete da tarde no Centro Cívico de Caranza. A Rondalla Mugardesa xa presentou á súa madriña Iria Rodriguez Martinez o pasado sábado. Os Trovadores de Ares levarán este ano como madriña a Noelia Illobre.

Sociedade