A cobiza e as miserias dun rei histórico: Enrique V

A cobiza e as miserias dun rei histórico: Enrique V

26 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O drama histórico de Enrique V, ponse a escena pola compañía zaramozana “ Archiperre Teatro” no Teatro Jofre de Ferrol este luns, 28 de decembro. Na representación actores e narradores amosan as miserias da guerra: a sangue nas rúas, a fame, a pobreza,  e a morte...  mentras Enrique V e o rei de Francia, obsesionados polo seu odio mutuo, entretéñense no xogo da  guerra. Ambos, cheos de cobiza de poder, puerís e monstruosos, x

Enrique V,  é coroado de mozo como rei de Inglaterra. Descubre que o seu país se atopa na quebra, o palacio é unha ruína e ademais chove no dormitorio. Enrique lé un vello libro e decátase que Francia, rica e poderosa, pertence a Inglaterra segundo leis antigas. Entón decide visitar Francia para reclamar os seus dereitos e pretender á filla do rei francés, máis cando chega morre o soberano galo. Ninguén o escoita, a princesa rexeitaoo  e por riba  aparece un competidor ao trono e á princesa. Enrique colle tal enfado que declara a guerra a Francia. O pretendente tamén se anoxa e declara a guerra a Inglaterra e entón....

A obra de William Shakespeare, está dirixida por Marcelo Díaz e interpretada por Cándido de Castro, Ramón Enríquez, Diego Fariña e Ana Isabel Roncero de Archiperre Teatro de Zamora. Unha formación especializada en teatro infantil, xuvenil e de rúa.
 
A representación terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol, este luns ás oito do serán. A entrada custa 5 euros. A entrada custa 5 euros.

Cultura