Cociñar é doado

Obradoiro de cociña para vagos e vagas
28 de Setembro, 2018 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

O obradoiro consta de 18 horas e celebrarase en Perlío todos os venres, desde o 19 de outubro ata o 23 de novembro.

Para xantar ben non é preciso dispoñer de moito tempo nin de produtos caros. Nin sequera ser un xenio dos fogóns. Por iso, o Concello de Fene propón un obradoiro de cociña para vagos e vagas no que pretende ensinar aquelas técnicas e receitas para xantar “á carta” todos os días e preparar uns pratos tan ricos e ben presentados que permitan quedar de marabilla cando se convide a alguén.

O obradoiro consta de 18 horas e celebrarase todos os venres, desde o 19 de outubro ata o 23 de novembro, de 18 a 21 horas no local de Icook Escuela de Cocina, en Perlío. Hai 15 prazas disponibles e a cuota a abonar é de 38,60 euros para persoas adultas e de 30,90 euros para maiores de 65 anos. A inscrición abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal A Xunqueira, en San Valentín.
Os aparellos de cociña de uso individual, así como os produtos para as receitas correrán por conta do alumnado, namentras que os apuntamentos e receitas corren por conta da empresa prestadora do servizo. Haberá uso compartido de placa de indución, forno de vapor, microondas e, no caso necesario, hermomix ou robot de cociña equivalente.

Institucional

Publica o teu comentario agora