Cociñar por unha boa causa

Cociñar por unha boa causa

04 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Instituto Fragas do Eume acolleu esta mañán unha nova edición – a XI- do concurso de cociña e coctelería "José Rodríguez-Moldes"  en homenaxe a este profesor do centro educativo, falecido no ano 1999. Son os propios alumnos-as os encargados da organización.

Nesta edición participan 10 centros de toda Galicia, mentras que o xurado fórmanno chefs de establecementos de moito renome no noso país e xornalistas especializados en gastronomía.   O certame premia, sobre todo, a orixinalidade e a capacidade creativa dos participantes, que consursan por parellas, aínda que tamén deixa espazo para a elaboración de pratos tradicionais.

 

Un dos alumnos organizadores do Concurso, Xaquín Coultra, explicanos qué pratos marcan as bases deste ano para que elaboren os concursantes, de primeiro ameixas á mariñeira e de segundo xiva en diferentes modalidades. O concurso celébrase nas instalacións do IES Fragas do Eume e ao remate do certame,  celébrarase unha comida de confraternidade na que se dan a coñecer  os nomes dos vencedores nas diversas categorías. Os premios en metálico van dos 150 aos 700 euros, entre cócteles e pratos.

Sociedade