Coidado coas lesións

Coidado coas lesións
18 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Unha caída ou un golpe causan lesións. Pero outras veces mancámonos por facer xestos ou movementos menos agresivos pero que son reiterados no tempo e para os que o noso copo non está preparado. Consultamos o asunto esta mañá co psicólogo e adestrador físico José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Equipo de fútbol Agarimo de Sillobre

Transportar pesos frecuentemente no traballo, manter unha mala hixiene postural, coidar de persoas dependentes pódenlle pasar factura ao noso corpo. A acumulación de esforzos para os que non estamos preparados causa lesións. Para evitalas hai dúas opcións. “Reducir a carga, a cantidade de esforzos que solicitamos ao noso organismo, ou preparalo para afrontar esa carga”, son as posibles solucións. “Un corpo que está preparado cada vez que lle pidamos un esforzo vai sufrir menos, vai estar en mellor disposición para enfrontar e cada vez que repitamos ese movemento a carga vai ser menor. explicou Barcia Tucelli 

 

 

Na imaxe, equipo de fútbol Agarimo de Sillobre. (Non había lesións que foran quen de retirar a aqueles rapaces)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora