Coidando ao meu neto

Coidando ao meu neto

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes ten previsto celebrar mañá xoves 14 de xaneiro, a segunda das xornadas sobre educación de netos e netas que estaba previsto celebrar o pasado venres e que se suspendeu a causa do mal tempo. Baixo o título “A educación das netas e dos netos”, estas xornadas pretenden servir de ferramenta para que os avós sexan conscientes daquelas cousas que deben ter en conta para propiciar unha boa educación dos pequenos.

Na iniciativa participan unha ducia de maiores, que compartiron xa na primeira das sesións celebradas as súas preocupacións sobre a educación dos seus netos e netas. A sesión deste xoves celebrarase no horario que xa estaba previsto, de 12:00 a 13:30 horas na aula da primeira planta da Casa da Cultura. As xornadas son impartidas por técnicas do departamento de Educación Familiar do Concello de Ordes, que tal e como explicaron, basean o seu traballo no libro de Emilio Calatayud “Reflexiones de un juez de menores”.

Sociedade