Coidar a quen coida

Tamara Miragaya, concelleira de Benestar, presentou o curso esta mañá.
08 de Outubro, 2019 - 01:58 h. | Publicada por Radio Fene

Concello de Fene e AFAL promoven este xoves o curso Coidar ao Coidador. Con participación de balde, estará impartido pola psicóloga Teresa López Allegue e dará comezo no Centro Sociocomunitario ás 18 horas.

Fene acolle o curso “Coidar ao Coidador”, dirixido a familias coidadoras de persoas afectadas de alzheimer ou outro tipo de demencia. A acción está organizada pola concellería de Banestar (Na imaxe, Tamara Miragaya) coa colaboración de AFAL Ferrolterra, e desenvolverase este xoves 10 de outubro no Centro Sociocomunitario de Perlío. Será a partir das 18 horas e ata as 20 horas. A participación é completamente gratuíta, pero precisa de inscrición previa no teléfono 981 37 06 92 (AFAL).

O curso estará impartido pola psicóloga de AFAL, Teresa López Allegue, e no mesmo, dotarase ás persoas coidadoras de coñecementos, estratexias e habilidades que as axuden a entender a enfermidade e a manexar as situacións que leva o coidado dunha persoa afectada de alzheimer ou outra demencia, pero tamén entender o proceso emocional que experimenta o coidador e coñecer estratexias que nos axuden a convivir coa enfermidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora