"Comando actualidad" (TVE, 22.55 h.)

"Comando actualidad" (TVE, 22.55 h.)

30 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A natureza dos animais en relación ás persoas ten provocado non poucos debates, mesmo teolóxicos. A Igrexa tenta responder á cuestión de se os nosos conxéneres salvaxes posúen un alma análoga á nosa, e non hai neno con mascota que non lle teña preguntado aos seus pais se hai un ceo para os gatiños ou os cadeliños. Dende o momento en que sabemos que se lle pode querer máis a un can que a unha persoa (e falo de

Diso, de patas divinas fala a reportaxe de “Comando actualidad” desta noite. Os reporteiros do programa de TVE percorrerán 400 quilómetros da ruta do xamón ibérico, pasando polos grandes templos do pata negra, esa anca de cocho que se paga a miles de euros. Pasarán por Badaxoz, Salamanca e Estremadura comprobando como se sustentan estupendamente as economías locais grazas ao negocio de cebar aos bacoriños para que desenvolvan unhas extremidades que nin as de Adriana Karembeu. Pero ademais de quedarse coa parte do luxo ibérico, tamén amosarán o final dos gorrinos de andar por casa, os que serven para a matanza e fornecen de carne os arcóns das familias para todo un ano. É pensando neste rito da aniquilación do cerdo que se un aposta pola reencarnación, case prefire que os ministros da fe determinen que os animais non teñen conciencia, porque a min non me importaría vivir a corpo de cocho (hai quen di que xa o fago agora), pero non quixera ter a perspicacia racional de saber que os días de masaxes e agasallos ían a rematar pasándome o coitelo polo ‘muslamen’. A vida dos porcos de luxo cóntanse en “Comando actualidad”, que se emite ás once menos cinco en La Primera.
Sociedade