Comendo cogumelos

Comendo cogumelos

24 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

173 especies de cogumelos comestibles e 39 tóxicas recóllense no libro Setas ou cogumelos de Galicia publicado por Marisa Castro e Luis Freire en Edicións Xerais de Galicia. Esa variedade e coexistencia inciden ainda máis na necesidade de auxilio dos buscadores de cogumelos que cada ano inzan os montes galegos. Para ensinar dun modo práctico as posibilidades deste producto na cociña organízanse esta fin de semana en Lugo as I Xornadas sobre M

As Xornadas desenvolvénse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e pretenden tamén sensibilizar da súa importancia económica e ambiental, como elementos de valoración do medio rural e de enriquecemento da gastronomía galega.Organiza a Sociedade Micolóxica Lucus.

Programa:
Sábado 24 de outubro.

Saída ao campo:
10:00 a 13:30 h: Estudo dos cogomelos no campo. Revisión práctica das pautas para identificación e unha adecuada recolección no monte. Por Julián Alonso Díaz e  José Antonio Muñoz.Clases teórico-prácticas:

17:00 a 18:00 h: Tratamento, manipulación e limpeza dos cogomelos recolleitos. Exemplos de distintas técnicas de conservación. Por José Antonio Muñoz.

18:30 a 20:00 h: Preparación e comentarios de distintos pratos e receitas de cogomelos.Por José Antonio Muñoz e Joaquín Martínez (restaurante Manuel Manuel).

Domingo 25 de outubro:
Clases teórico-prácticas:

10:00 a 14:00 h: Preparación e comentarios de distintos pratos e receiras con cogomelos. Por José Antonio Muñoz, Joaquín Martínez (restaurante Manuel Manuel) e Héctor López (restaurante España).

14:00h: Clausura das Xornadas.

Sociedade