Comendo da cultura

Comendo da cultura

20 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Somos moitos os que comemos da cultura e do galego" afirmou a actriz Paula Carballeira. Por iso, reclamou o mantenemento do gasto neses capítulos. María Xosé Silvar "Sés" actuou no Festival "Vitaminas para o galego", organizado polo Concello de Carballo o pasado 16 de maio, nun ateigado Pazo da Cultura.

Tremenda a proposta do Concello de Carballo co gallo das Letras Galegas e no marco da campaña de máis de 30 medios de comunicación en galego Vitaminas para o Galego. O Concello carballés tomou o nome da campaña e artellou un festival con denominación de orixe.

O Festival servíu para facer entrega do VIII Premio de Artigos Normalizadores, que foi para Carlos Callón, pero quen non puido acodir. Un certame que só con existir, nos días que corren, xa é todo un éxito, como resaltou o premiado nunha carta enviada e lida no seu nome.

A cita estivo presentada por unha sempre espectacular Paula Carballeira, unha muller que só con abrir a boca xa dá vitaminas ao galego. Paula destacou que a cultura si se come, ou que polo menos somos moitos en Galicia os que comemos dela.

Cultura