Comenzan a servirse os Menús Turísticos

Comenzan a servirse os Menús Turísticos

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Trinta e cinco restaurantes da comarca de Ferrol e Ortegal ofertan dende hoxe menús turísticos a 25 e 45 euros compostos de productos típicos de toda a bisbarra. Durante todo o mes de decembro poderánse degustar nestes establecementos menus elaborados con pementos do Couto, conservas de Cariño ou pan de Neda entre outros.

Os menús turísticos están compostos de primeiro e segundo prato e postre. As diferenzas de precio, segundo relatou a xerente da Asociación de Hosteleiros de Ferrol, Luísa Barro, estriban só no custe do producto e non na calidade. Serán os propios establecementos participantes os que decidan o contido dos menús en función do mercado do día.

A organización desta gorentosa iniciativa comenzou a distribución de trípticos informativos en oficinas de turismo e outro tipo de eventos para conseguir a maior difusión posible deste proxecto. Asimesmo nas portas dos restaurantes que ofertan estes pratos colocaráse un distintivo que os identifique.

O obxectivo desta iniciativa, posta en marcha ó abeiro do plan de dinamización turística da Deputación de A Coruña, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostelería de Ferrol e bisbarra, é a posta en valor dos productos característicos destas zonas e a desestacionalización do turismo. Neste senso a idea da organización é, en función dos resultados acadados, extender esta iniciativa a tódolos meses do vindeiro ano.

Sociedade