Comer e escoitar musica

O musico Al Vila une as dúas actividades nunha iniciativa cos hostaleiros
04 de Decembro, 2020 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

A música acompaña os envases de comida a domicilio, nunha acción que favorece a hostaleiros e á cultura, dous sectores moi castigados pola Covid19.

ESCOITA O PODCAST:

Con motivo da crise que sufren todos os sectores, e en especial os que traballan para a xente, o público, o musico. Al Vila está detrás dunha acción que están a desenvovler en diferentes locais de hostalería. O obxectivo desta proposta é que nos produtos de envío de comida a domicilio, os locais envíen embalaxe ou paquetería para conter os produtos. Pois ben, a estes locais Al Vila pásalles un código QR co que regalan unha canción ao seu cliente para amenizar o pedido. Desta forma, deixan a un cliente agradecido ademais de diferenciarse doutros hosteleros e el consigue promoción e alcance nestes tempos nos que a música está en off. Al Vila quere visibilizar a situación complexa que atravesan os dous sectores que sempre foron da man.

Outra opción que están desenvolvendo nalgúns locais consiste en enviar un link cunha playlist con algunhas das súas cancións para amenizar a espera do pedido. Sexa cal for a forma elixida polo hostaleiro, a música é sempre o fío condutor e o apoio á cultura o fin da acción. Os locais adheridos de momento a esta campaña son os seguintes: O Dotmas Bar (Lugo) Boss (Ferrol) Atípica (Ames) Contraste (Burela) O Mesón de Pepe (As Pontes) Plataforma Ebo Delivery (Coruña).

A acción está aberta a quen desexe sumarse, poñéndose en contacto co músico en: alvila.oficial@gmail.com

Cultura

Publica o teu comentario agora