Comerciantes de Ferrol e Narón comparten un outlet o 6 e 7 de marzo

Comerciantes de Ferrol e Narón comparten un outlet o 6 e 7 de marzo

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os comerciantes de Narón e Ferrol, 30 en total, están ansiosos pola apertura do Primeiro Outlet que compartirán o 6 e 7 de marzo no polideportivo de Santa Icía organizado por AECOFE, a Asociación de empresarias, que preside Ana Armada e patrocinan os concellos ferrolán e naronés.

Mesmo se lanzou a iniciativa, en cuestion de horas, enchéronse as prazas ofertadas a 30 comerciantes, segundo a presidenta de AECOFE, Ana Armada. O Outlet é froito dunha demanda dos proprios comerciantes, plasmada nun estudo que realizou AECOFE a finais do ano 2008 no que os comerciantes amosaron o desexo da celebración dun outlet e a creación dunha central de compras.

En palabras de Ana Armada, a apertura do Outlet vai ser sorprendente, algo diferente e impactante, obra dos decoradores do recinto, o pavillón de Santa Icía de Narón. 30 tendas participan agora, coas mais diversas especialidades, pero sobretodo en textil e decoración. No futuro outras terán a oportunidade de estar nun segundo outlet que se celebrará en Ferrol.

Sociedade