Comeza a campaña Vitaminas para o galego

Comeza a campaña Vitaminas para o galego

16 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

"Vitaminas para o Galego" é unha nova iniciativa de dez medios de comunicación en lingua galega que bota a andar mañá cunha presentación pública  en Arzúa. Os organizadores destacan que "se queremos que haxa transmisión xeracional da lingua, é imprescindible contar con medios a usen, a difundan e a prestixien".

A campaña  consistirá nunha serie de eventos (concertos, relatorios, etc.) por toda Galicia durante os vindeiros meses. Un dos obxectivos da iniciativa é axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.

Os medios organizadores son Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor, Praza Pública , Que Pasa na Costa e a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión . Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Xornal Certo do Barbanza.

Os xornalistas Marcos Pérez, Henrique Sanfiz e Pedro Telmo falarán desta proposta este sábado ás 13,30 h. no festival Terr@ctiva no recinto feiral de Arzúa.

 

Sociedade