Comeza a conta atrás para o Felipop 2009

Comeza a conta atrás para o Felipop 2009

03 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coa proxección da película “ Pequeños salvajes” dáse o pistoletazo de saída nesta Semana Cultural da Asociación Felicia. A entidade de Limodre ten preparada unha serie de concertos e actividades nas xornadas previas á celebración do Felipop, que este ano será os días 7 e 8 de agosto.

A Semana da Asociación Cultural Felicia comezará esta noite ás dez, coa proxección de cine ao are libre na que se poderá ver a película “Pequeños salvajes”, tamén dentro do ciclo noites de cine do concello de FeneMañá martes levaránse a cabo as actuacións do grupo de clown belga “Rudie Dudie” e a do contacontos Cándido Pazó co seu espectáculo “Historias tricolores, ou de cómo aqueles animaliños proclamaron a República”. As actividades continuarán o mércores co grupo de clown “Pajarito” e co Mago Teto presentando “As tolemaxias do Mago Teto”. Na xornada do xoves, e a piques de comezar o Felipop, a música será a protagonista cunha actuación do grupo ferrolán BANG 74 no establecemento Casa Ardá. A entrada para todos estes eventos é de balde.

O Felipop 2009 abre as súas portas este venres 7 de agosto. Roger de Flor de Porto, Os Azeitonas de Limodre, a banda Mamá de Madrid e o grupo Miss Black Emtion de Castellón actuarán nesta primeira xornada no Festival de Música Pop de LimodreO sábado 8 de agosto, o elenco musical compóñenno Los Chavales, unha banda de Santiago de compostela, que amenizaráa sesión Vermú. Asemade actuarán The Puzzles de Santander, Zodiacsde Getxo, J. Teixi Band de Madrid e Doctor Explosión de Xixón.

As entradas para o Felipop oscilan entre os 15 e os 20 euros. Para máis información poden visitar a web www.felipop.com

Cultura