Comeza a funcionar Servizos Sociais en Chapela de nove a dúas da tarde

Comeza a funcionar Servizos Sociais en Chapela de nove a dúas da tarde

01 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O servizo atenderá a unha poboación de preto de 10.000 persoas das parroquias de Chapela e Trasmañó que non terán que  desprazarse ata o centro urbano de Redondela para poder acceder a estes servizos. Unha descentralización, que segundo apuntaba o Alcalde de Redondela, Xaime Rei, na inauguración do centro, permitirá que a parroquia de máis habitantes de Redondela dispoña do súa propia oficina de Servizos Soc

A oficina está situada nos baixos do Pavillón de Deportes de Chapela, na Avenida de Redondela e conta cunhas sala de espera, tres despachos, unha sala de reunións e baños que se distribúen en 104 m2. O centro comezará a funcionar hoxe mesmo, un de xuño, e terá un horario de nove a dúas de luns a venres. Nesta primeira fase contará cunha administrativa e unha traballadora social, que estará, esta última, os martes e xoves. Ademais de xeito puntual tamén contará cunha avogada, psicóloga e educadora social. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Costas, afirmaba que no futuro esperan contratar a unha educadora social que estará todos os días. Un proxecto, que tivo un investimento de 45.775 euros, que os nacionalistas locais incluían no programa electoral das pasadas eleccións municipais e que permitirá axilizar a lista de espera existente na oficina de Redondela.

 


 

Sociedade