Comeza o campeonato galego de warhammer

Comeza o campeonato galego de warhammer

20 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cun pouco de retraso, con respecto ao horario previsto comezou esta mañá na Feira de Mostras de Ferrol (A Coruña) o Campeonato Galego de Warhammer. A competición na que participan 55 xogadores de toda Galicia prolongaráse ata as 9 da noite. Organiza a asociación Warhammer Ferrol e a concellería de Xuventude.

Warhammer é un xogo de estratexia no que cada participante compite cun exército de soldados en miniatura. Premiase o exército mellor pintado e tamén o mellor trasfondo. As partidas soen durar arredor de duas horas. Borja Peña preside a asociación Warhammer Ferrol. Reune a máis de 30 afeizoados a este xogo. Disputan as súas partidas e torneos na Casa da Xuventude. Ao warhammer seguiráse xogando esta tarde na Feira de Mostras ata as nove da noite. Os espectadores poden contemplar 25 partidas simultáneas entre os 55 xogadores que se disputan o título deste Campeonato Galego . O Campeonato Mundial disputaráse o 7 e o 8 de agosto en Alemania.

Sociedade