Comeza o Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Comeza o Festival do Mundo Celta de Ortigueira

12 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Catro bandas folk emerxentes abrirán o XXVIII Festival internacional do Mundo Celta, que se celebra dende hoxe ao domingo, organizado polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Estrella Galicia, Diputación de A Coruña e Xunta de Galicia.

A mellor delas, segúndo un xurado que se encontrará entre o público asistente aos concertos, se convertirá na primeira formación confirmada do cartel do próximo ano e se embolsará 3.000 euros.

Estas catro bandas son as galegas, Avelaíña, Rastrexos Project e Alén de Ancos, e a xaponesa Harmónica Crems, na primeira vez que o país asiático se ve representado no festival. O Proxecto Runas coa Escola Municipal de Música de Ortigueira serán os encargados de abrir o Festival, ás 10 da noite.

O resto dos días, venres e sábado pola noite, haberá unha mistura, sobre todo de bandas da península e das illas británicas, coma as escocesas Rua Macmillan Band, e Oban Pipe Band, a galesa Jamie Smith’s “Mabon”, ou Electric Ceili en representación de Irlanda. Do territorio nacional, estarán a andaluza Stolennotes e a galega Crema de Gaita.

Non todo é música. Mercado de artesanía, pasarrúas, desfiles e exposicións tomarán o relevo durante o día, para que os visitantes non esquezan que están nun encontro da cultura celta.

Este ano a crise tivo os seus efectos á hora de planificar o festival. Como afirma o alcalde do municipio,  Rafael Girón, o nivel de presuposto está no nivel que hai dez anos. O cambio máis significativo é a reducción do servicio de bus urbano gratuito entre a acampada e a vila, que si outros anos se ofrecía durante todo o festival as 24 horas do día, agora redúcese ao venres e sábado, entre as 4 da tarde e as 11 da noite, cada media hora.

A pesares da crise, o festival, que cumpre a súa vixésimo oitava edición, conservará a súa esencia, e mesmo mellorará con respecto a outros anos. Mantéñense os servizos de aseos e duchas no pinar, e refórzanse os postos de comida e bebidas, tanto na zona de acampada como no aparcamento e na vila. Outra das novidades, é a expresa prohibición de montar carpas de techno e dance no pinar da acampada. Todo isto co fin de mellorar paseniñamente a comodidade dos asistentes ao Festival do Mundo Celta de Ortigueira.

Cultura