Comeza o V Curso Internacional de Musicoterapia en Mondoñedo

Comeza o V Curso Internacional de Musicoterapia en Mondoñedo

19 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

IMPNE é a asociación encargada de organizar cada ano o Curso Internacional de Música e Musicoterapia en Mondoñedo, que este ano será do 19 ó 24 de xullo. O concerto inaugural é un dos actos principais que este ano quere resaltar o entorno mindoniense e xirará entorno á Lenda da Cova do Rei Cintolo. Será o martes 19 de xullo ás 22:30 na praza da Catedral de Mondoñedo.

O concerto inaugural do V Curso Internacional de Musicoterapia será un espectáculo de luz e son baseado na lenda da Cova do Rei Cintolo, enclave emblemático de Mondoñedo. O acto esttará baseado na historia que o escritor mindoniense Antonio Reigosa escribiu especialmente para este evento. Ademais van participar a Banda Sinfónica e o músico Michael P. Mossman na parte musical, a bailarina Maite Vicens e Rafael Moya encargándose da luz e o son.

O curso organizado pola Asociación Interdisciplinar Músico-Sensorial para Persoas con Necesidades Especiais vai comezar ó dia seguinte. Está dirixido a nenos con necesidades especiais chegados de toda Galicia e outros lugares co obxectivo de integralos no mundo da música. Nas xornadas combínanse obradoiros de musicoterapia, con clases de música de varios instrumentos e outras actividades terapéuticas e de ocio.
Ó mesmo tempo, impártense clases de música a estudantes desta materia. Deste xeito os participantes nos talleres de musicoterapia poden interactuar cos seus compañeiros e non é raro que se descubran talentos para a interpretación. Nos días que dura o curso, uns e outros participantes, profesores e terapeutas conviven e comparten o  seu tempo libre favorecendo a integración. Ademais, tanto os músicos como os rapaces realizan actuacións abertas ó publico.

Elena López, presidenta de AIMPNE comentou que cada ano teñen maior número de incripcións e un mellores resultados. Moitos das persoas con discapacidades que asistiron a pasadas edicións están agora acudindo a escolas de música e clases nos seus  lugares de orixe e as familias amósanse satisfeitas coas actividades desta cita internacional. Cabe sinalar tamén que os músicos que acuden a este curso son primeiros nomes na música clásica e moderna chegados dende Galicia, Europa e Estados Unidos.

O programa completo pódese consultar en http://www.aimpne.org/Programa2011.pdf

Sociedade