Comezan as obras de acondicionamento do parque infantil de Arzúa

Comezan as obras de acondicionamento do parque infantil de Arzúa

05 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Esta semana deron comezo os traballos de acondicionamento do parque infantil de Arzúa, que se prolongarán durante os vindeiros tres meses. A empresa Construcións Deportivas José Ramón é a encargada de executar un proxecto de mellora dunha obra que implicará o acondicionamento integral do entorno coa finalidade de dar cumprime

O concello de Arzúa adxudicou esta obra unha vez obtida a oportuna autorización da Dirección Xeral de Patrimonio e asinado o correspondente convenio de colaboración coa Deputación Provincial, entidade que financia esta actuación mediante un orzamento de 57.480 euros achegando o Concello a cantidade de 10.144 euros.

As obras que comezaron hai dous días permitirán mellorar considerablemente a imaxe do recinto e, sobre todo, incrementar a seguridade dos nenos e nenas que empregan as instalacións, unha vez que se corrixan as deficiencias que presenta o recinto: carencia de peche ou valla perimetral que impida que os menores poidan saír directamente á rúa e chan non acondicionado para amortiguar as posible caídas dos cativos.

De feito, está previsto dotar a superficie dun chan brando sobre o que poidan caer os nenos no uso dos elementos de xogo, permitindo a axeitada absorción de impactos. Tamén se incorporarán novos elementos de xogo dado que parte dos existentes se encontran deteriorados e con difícil recuperación. A actuación complementarase coa construción do peche perimetral e coa instalación de paneis informativos tal e como establece o Regulamento.

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, sinalaba esta mañá a importancia desta actuación que “mellora un servizo que entendemos como fundamental para un sector de poboación do noso concello” e engadiu ademais que “dámoslle así resposta a unha petición dos nosos veciños poñendo á súa disposición unha área de xogos completamente renovada e segura”.

Institucional