Comezan un ano máis as festas de Santa Marta en Ortigueira

Comezan un ano máis as festas de Santa Marta en Ortigueira

28 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A maxia para nenos chegará ás festas de Ortigueira como unha das novidades deste ano. A cita será este xoves ás 6 da tarde no Cantón do concello onde haberá xogos de todo tipo.

Xa comezaron as festas de Ortigueira en honra a Santa Marta e un ano máis as celebracións prolongaranse ao longo desta semana. O pistoletazo de saída deuse onte coa lectura do pregón e hoxe as actividades programadas continuan. Hoxe á tarde, de 5 a 8, a Alameda converterase nun parque case que acuático para os máis pequenos, xa que haberá un tobogán piscina e farase unha festa da espuma, na que os participantes non deberán esquecer o bañador. A música fará acto de presencia pola tarde na vila ortegana, xa que a Escola de Gaitas de Ortigueira dará un concerto no Cantón ás 6:30, e ás 10 da noite a Charanga.com de Loira percorerá as rúas. Na segunda noite de celebracións, non podía faltar as orquestas, así que a partir das 10:30, Compostela e Ritmo Joven farán bailar a públicos de todas as idades.
Os actos festivos sucederanse ao longo desta semana. Mañá, as orquestras Los Satélites e Capitol amenizarán a noite, unha noite na que os fogos de artificio serán os protagonistas a partir das 12. O xoves terá lugar a Gran Gala de Maxia ás 10:30 da noite. A tradicional xira campestre será o venres no pinar de Morouzos e contará coas actuacións de Ronsel e Os Enxebres. Xa mirando cara a fin de semana , o sábado terá lugar o Gran Baile de Gala, no que o directo das orquestras Montes e Sesión farán bailar aos presentes.

Sociedade