A comicidade como receita para aprender boas prácticas medioambientais

A comicidade como receita para aprender boas prácticas medioambientais

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol continúa este sábado coa campaña “Vexo Vexo”, posta en marcha o pasado 10 de abril para sensibilizar á cidadanía sobre malas prácticas medioambientais. Nesta ocasión, desenvolverase entre as 12.00 e as 13.30 horas, iniciándose no peirao de Curuxeiras e continuando na Praza de Amboaxe e na rúa Real. No mes de maio a acción trasládase ao sábado en lugar de os domingos, como vi&

Ao igual que nas anteriores sesións, celebraranse seis accións teatralizadas, de breves sketchs cómicos, a través dos cales dúas actrices -Alicia Seoane Orro e Helga Méndez García- amosarán aos cidadáns e cidadás certas accións incívicas e como corrixilas. Estarán relacionadas coa recollida dos excrementos dos cans nas rúas, o roubo das flores dos espazos públicos, a reciclaxe, o horario para depositar nas rúas as bolsas de lixo, o uso das papeleiras ou a pegada de carteis ou adhesivos no mobiliario urbano (farois, bancos, etc.).

Todas estas accións repetiranse cada fin de semana coa finalidade de que o cidadán respecte e aplique as prácticas medioambientais correctas. Os sketches terán unha duración de aproximadamente dous minutos por acción e práctica a corrixir e representaranse en varios puntos da cidade.

Sociedade