Comitiva carnavaleira en As Pontes

Comitiva carnavaleira en As Pontes

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes albergará mañá unha nova edición da Cabalgata de Antroido. Unha cita que, ano tras ano, logra unha gran participación tanto local coma doutros concellos da comarca e que repartirá case 2800 euros en premios. Segundo o programa elaborado para esta xornada, a comitiva carnavaleira sairá da rúa Monte Caxado ás 17.00 horas e percorrerá as avenidas de Ortigueira, Castelao e Galicia, Alexandre B&o

Un xurado valorará os traxes, ao longo de todo o percorrido da comitiva e a súa decisión darase a coñecer unha vez remate o desfile no Colexio Santa María.  

No referente aos galardóns para os adultos, os grupos poderán gañar premios de 500, 200 e 150 euros; as parellas poderán rematar as festas con 200, 100 e 75 euros máis nos seus petos e os que compitan na categoría individual optarán a tres premios de 100, 50 e 30 euros. 

No que respecta aos máis pequenos (-16 anos), os premios pasarán de ser en metálico a cambiarse por vales en material escolar, libros ou xogos educativos. Así as cousas, haberá cinco premios de 150 euros para a categoría de grupos, cinco premios de 75 euros para os que compitan por parellas e outros cinco premios de 50 euros para os que o fagan individualmente.  

Os rapaces que se inscriban na categoría de meniños, e que deberán ser menores de 8 anos, tamén recibirán un agasallo por tomar parte neste desfile xa que se lles fará entrega dun conto.               

Os interesados en participar poden formalizar aínda a súa inscrición ata mañá ás 13.00 horas, no departamento municipal de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso.

Sociedade