Competencia acusa á Xunta de “evitar a liberalización” do transporte público

Competencia acusa á Xunta de “evitar a liberalización” do transporte público

27 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A prórroga unilateral por parte da Xunta das concesións de transporte público vulnera as leis do libre mercado. É o que estima a Comisión Nacional da Competencia que vén de presentar un recurso contencioso administrativo contra o Plan de Modernización das concesións de transporte público regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia que se aprobaba en febreiro deste ano e publicábase no DOG o día 1 de marzo. A C

A mesma medida foi xa aplicada polo organismo público contra a Comunidade Valenciana, tamén gobernada polo PP, no pasado mes de maio. A actuación derívase dun informe sobre o transporte interurbano de viaxeiros  de autobús que salientaba a intención de varias autonomías de “eliminar calquera indicio de liberalización” nese sector. O plan promovido por San Caetano establecía asemade unha modificación do conxunto de contraros para a prestación de servizos de transporte para escolares a centros educativos público.

A medida recibiu luz verde do Consello da Xunta o 31 de marzo e establecía unha prórroga automática dos contratos de caracter anual até 2020. A cambio, as concesionarias aceptarían unha redución do 7 por cento na tarifa que lles pagaba o Goberno galego. Feijóo presentou a decisión, agora cuestionada pola Comisión Nacional da Competencia, como outro exemplo de austeridade, que permitiría aforrar máis de 9 millóns de euros anuais, “dar estabilidade a máis de 5.000 traballadores” e garantir o servizo ofrecido a 88.000 alumnos galegos en 4.000 rutas diarias. Recuperamos as súas declaracións.

Institucional