Comportamento e saúde

Comportamento e saúde
17 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Importantísimo facer un bo diagnóstico, hai unha liña moi fina entre os problemas de comportamento e os de saúde orgánica”, manifestou Noemí Graña coa que falamos sobre os problemas de comportamentos dos cans en Radio Fene. “Un can que ten dor de barriga pode manifestar medo”

ESCOITA O PODCAST:

Agresividade, eliminacións inapropiadas, problemas de destructividade, medo e ansiedade son os problemas que máis consultan ao veterinario os titores de cans,segundo un estudo realizado no hospital veterinario Rof Codina de Lugo.  Para a etóloga do Rof Codina, Angela González “todo o problema de comportamento ten base orgánica, ata que se demostra o contrario”, contounos Noemí Graña. 

Moitos deses problemas pódense prever. Poden ter orixe mesmo nas etapas prenatais, na xestación da nai, ou nos primeiros días despois do nacemento. Unha boa xenética. “O medo ten unha herdabilidade moi alta, do 40%. É un dos trazos de comportamento que máis se herda, o nivel de actividade tamén”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora