Compostela acolle o máis recente do teatro universitario galego

Compostela acolle o máis recente do teatro universitario galego

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

As aulas e grupos de teatro das tres universidades galegas reúnense ata o 1 de xuño en Compostela na XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia. En total, 14 representacións, ás que se pode asistir de balde, e que hoxe protagoniza unha coprodución de compañías de teatro da USC e antigos alumnos da Aula de Teatro Caricias. Terá lugar no Teatro Principal ás sete e media da tarde. Dúas horas máis tarde, &aacute

A XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia comezaba onte coa exhibición de Leve, a nada entre as mans, da Aula de Teatro de la Universidade de Vigo e con Xente interesante en Terranova, de Diagonal Teatro (USC).

Mañá mércores, ARTías (USC) representará Oito mulleres de R.Thomas, ás nove e media no Salón Teatro; mentres que Enlata Teatro (USC) fará o propio o día 26, á mesma hora, con Ubú, de Alfred Jarry.

O venres será a quenda de Os Sigillatos Galaicos (USC), que escenificarán Feelin Good, de Blanca Tejero e Paula Fernández; mentres que a fin de semana a Mostra estará protagonizada por Divertimento, de Teatro do Aramio (USC) e A Onda, de Teatro da Falúa (USC), ambos a las nove e media da noite no Salón Teatro.

A Aula de Teatro da Universidade de A Coruña amosará a súa proposta o luns, día 30, no Teatro Principal coa representación de Nunca Durmo e, o mesmo día, no Salón Teatro, Mequetrefes (USC) levará a escena Do día que meus pais me plantaron nunha maceta.

Para rematar, Pinchacarneiro (USC) e NNC (USC) actuarán o martes, día 31, con Comedia do gurgullo e Esperando a Godot, respectivamente. O día 2 será a quenda de Tolemia (USC), que pechará a mostra con Versión 2.0.

 

Cultura