Compra árbores con vida

Compra árbores con vida

28 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes desde a súa Concellería de Medio Ambiente segue dando consellos aos seus veciños para que poidan disfrutar dun nadal verde. Nesta ocasión a recomendación é, por terceiro ano consecutivo, a de comprar unha árbore de Nadal natural con raíz. A árbore de plástico é unha opción desacertada porque para a fabricación do plástico empréganse hidrocarburos e outros derivados do petróleo

A Concellería de Medio Ambiente anímate a comprar árbores de nadal con raíz por tres razóns: 

1 - Porque practicas un consumo solidario.

2- Porque a túa relación co Planeta baséase nunha actitude ecolóxicamente responsable.

3- Porque es consciente de que plantar árbores constitúe un dos pilares básicos para contrarrestalos efectos do quentamento global.  

Ao remate das festas, chamando ao número de teléfono 981 68 00 02 recollen a domicilio estas árbores para a súa replantación. Ademais este ano tamén recollen a domicilio as árbores sen raíz para xestionalas axeitadamente como resíduo. 

Segundo palabras de Jesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, “é posible celebrar as festas sen causar un impacto no medio ambiente. Unha árbore natural é máis ecolóxica que unha artificial. Estas últimas están feitas de materiais non reciclables, e como a gran maioría provén do continente asiático, deben facer unha longa viaxe - e emitir unha gran cantidade de CO2 - antes de chegar a destino".

Sociedade