Compra os agasallos na localidade

Para os comerciantes de Cabanas sería un bo Nadal
17 de Decembro, 2020 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

Cabanas aposta polo comercio local para as compras de Nadal. O Concello pon en marcha unha nova campaña de promoción do comercio local.

O Concello de Cabanas vén de pór en marcha unha nova campaña de promoción do comercio local, despois de “Merca en Cabanas”, a campaña celebrada durante os meses de verán e outono que resultou un éxito cunha moi alta implicación e participación do comercio, veciñanza e visitantes”.

Desde o ente municipal animan á veciñanza e visitantes que se acheguen á localidade durante estas datas a “vivir, desfrutar, celebrar e mercar en Cabanas” durante o Nadal, e lembran a oferta existente no concello, que permite “escoller agasallos para os seres queridos, facer a compra ou encargar a comida xa preparada para as datas sinaladas”.

“Apostar polo comercio local é apostar tamén por fixar poboación e crear emprego no noso concello”, sinalou o tenente alcalde de Cabanas e responsábel da área de promoción económica, quen lembrou tamén que “todas nós, como consumidoras, temos na nosa man apostar polo comercio local para facer as nosas compras, contribuíndo así a paliar as consecuencias económicas da pandemia no noso entorno máis inmediato”.

Institucional

Publica o teu comentario agora