As compras de San Valentín teñen premio no comercio local de Fene

As compras de San Valentín teñen premio no comercio local de Fene

10 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros “O Cruceiro” de Fene pon en marcha unha campaña especial para fomentar o consumo no comercio local nestas datas.  O motivo nesta ocasión é a celebración do Día dos Namorados. As persoas que ao longo da semana realicen as súas compras nos establecementos asociados, participarán no sorteo dun televisor de grande formato, en combinación co sorteo da ONCE do vin

Fomentar o consumo no pequeno comercio, fidelizar aos clientes e agradecer a colaboración dos veciños nos distintos proxectos que a asociación pon en marcha. Son os tres obxectivos que a entidade fenesa persegue con este tipo de iniciativas que tamén se poñen en marcha con motivo do Día do Pai e o da Nai.
A campaña comezou o pasado venres e prolongaráse ate o vindeiro domingo, Día de San Valentín.

Neste prazo, as persoas que realicen as súas compras en calquera dos 120 establecementos asociados ao Cruceiro recibirán rifas para participar no sorteo do vindeiro domingo. Segundo explicou a Radiofusión Guillermo Lago, directivo da Asociación de Comerciantes de Fene, non é necesario que sexan compras específicas para o Día dos Namorados. Ademais aclarou que, por cada dez euros de compra, o cliente recibirá unha rifa.

Sociedade